>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de Pandeiro Cadrado na Coruña

Ver en Facebook

(ultima actualización: 25 / 1 / 19 )





Moi boa tarde!, temos un novo e interesantísimo obradoiro preparado para para vos!. 😄

O próximo domingo 27 de xaneiro podedes vir aprender todo sobre o pandeiro cadrado na Galiza. Un obradoiro, que terá un enfoque teórico-práctico e no que saberemos da historia e etimoloxía do instrumento e faremos montaxe de repertorio da tradición oral galega con pandeiro cadrado, aprendendo toques, melodías e estilos de distintos ritmos e de distintos lugares. Impartirase no CEIP Eusebio da Guarda, na Praza de Pontevedra e terá unha duración de 7 horas que se impartirán de 11 a 14h pola mañá e de 16 a 20 pola tarde (facendo unha pausa para o xantar). Un obradoiro de altura impartido por grandes profesionais comos son Xulia Feixóo e Guillerme Ignacio.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición!, así que non vos demoredes en reservar a vosa a través dun correo a secretaria@sondaqui.gal

Prezos:
- Persoas socias - 20 euros
- Persoas non socias - 30 euros

Material necesario:
- Pandeiro
- Pandeireta
- Cunchas

Correde que voan as prazas!! 😉




CEIP Eusebio da Garda
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal