>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Serán O Fiadeiro (Vigo)

(ultima actualización: 25 / 1 / 19 )





A A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Ademais a ambientación estará baseada nos seráns dos anos 50, polo que todo aquel que guste poderá acudir vestido ó xeito daqueles tempos.

Agardamos por todos vos este sábado. Nos xa contamos as horas.

Se queredes máis información podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com.



AAVV Santa Mariña de Cabral. Vigo
Abrir mapa en navegador

- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal