>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Serán de Gargamala
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=3905%3A2018-01-17-12-18-28

(ultima actualización: 18 / 1 / 19 )





A parroquia de Gargamala, en Mondariz, acollerá o vindeiro sábado 19 de xaneiro, ás 21.00 horas, o seu serán, no que participan agrupacións de distintos puntos de dentro e fóra da comarca. Será na Casa Cultural de Mourelle, onde tamén, antes do inicio do serán, a partir das 20.00 horas, presentarase o libro "Mulleres de Gargamala" de Xulia Feixó e Guillerme Ignacio.



Mourelle
Abrir mapa en navegador



NOVAS RELACIONADAS:



Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA
http://www.folque.com/01.140415wp/libro-e-seran-mulleres-de-gargamala/?fbclid=IwAR3ijGepqdJq1-IcKaV-0zf9cc0QVWfKcT4ckVBcREyBxVl417nO8UP4Eq8


Logo da cancelación por mor da borrasca, levamos a unha nova data a presentación do libro “Mulleres de Gargamala!” coincidindo co Serán que se celebra na parroquia todos os anos. Será este sábado 20 de xaneiro ás 20 horas na Casa parroquial de Mourelle en Gargamala (Concello de Mondariz). O libro “Mulleres de Gargamala!. Pandereteiras de tradición oral” que a etnomusicóloga Xulia Feixó e o folklorista Guillerme Ignacio acaban de publicar na colección Chave Mestra que edita aCentral Folque. O acto será en forma de festa e celebración das músicas que nos legaron e mantiveron viva as pandereteiras de Gargamala ao longo das xeracións e que están representadas nas mulleres que gardaron na súa memoria as cantigas, os xeitos e o esforzo de organizar e partillar a súa saberdoría. Moitas das protagonistas estarán presentes para cantarnos pezas para que o público baile. A seguir comezará o serán que organiza a Asociación de Mulleres Rurais de Gargamala.

O LIBRO: “Mulleres de Gargamala!. Pandereteiras de tradición oral”

Se Mondariz é sinónimo de pandeireteiras en Galiza, Gargamala é unha das súas capitais indiscutibles. As mulleres e homes desta parroquia souberon manter un enorme repertorio de cantigas bailables para o serán acompañadas da pandeireta e da gaita, entre bailes soltos e agarrados. Pero non só.

Conservan ademais un bo número de cantares a capela, do ciclo da vida coma xogos ou arrolos; ou do ciclo do ano coma cantares de Reis ou das labores do agro.

Dentro destes inclúense tamén os pertencentes ao ritual da Aña, correspondente ao tempo das labradas, e onde cantan ao son que marca a propia ferramenta de traballo (o leghón) batida cunha pedra.

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións novas feitas á última xeración de cantadeiras de Gargamala.

Organizan: Concello de Mondariz, aCentral Folque, Asociación de Mulleres Rurais de Gargamala















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal