
Día: 19 de xaneiro Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña) Hora: 20:30
Desde Galicia Emigrante a Recordando a Galicia, desde Luis Seoane ata Maruxa Boga, o espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación, a crítica... Coa participación musical en directo de Ugia Pedreira, o dúo de Marina Oural Villapol e Chefa Alonso, e Oscar Ibáñez, diversas mentes da cultura galega contemporánea tentarán mirar desde o presente ao futuro. A xornalista Maria Xose Porteiro, como unha Maruxa Boga dos nosos días, será a encargada de guiar o programa polo que pasarán Yolanda Castaño, Luz Darriba, Henrique Peón, Silvia Longueira Castro, #ManuelLourenzo ou a voz de Jesus J. Blanco.
A través do #podcast que se colgará posteriormente, poderase tamén escoitar en diferido esta Galiza que se move por un océano de versos, tintas, pinturas e pensamentos.
|