>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook

(ultima actualización: 10 / 1 / 19 )





Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal


DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!
Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada, Asociación Cultural Pedra da Aroña, Aula de Gaita e Percusión Tradicional A Gandaina, Escola de baile e pandeireta Caramiñas das Amas de Casa da Pobra, Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, Trécola, Lumieira, Nunca é Tarde, Aínda é Sedo, As Ferreniñas, O Son das Ferreñas, Pandereteiras da Asociación Cultural Bailadela e Tanxedoira.
Non quededes na casa... vinde bailar con todos nos!!!!

E xa pola tarde teremos obradorios de baile con Luis Prego Fernández e Montse Rivera e para finalizar a xornada concerto de OS DO FONDO DA BARRA. 👏👏👏

Este ano haberá ademais un "Obradoiro de enfiado de colares ao xeito tradicional" impartido por Ana Nogareda Mato que xa está completo, e un "Obradoiro participativo de Olería e Cerámica" por Alén Das Olas, Laura Villanueva Ceramista, obradoiro de balde e para todos os públicos.

Lumeeeeee!!!!




Praza Maior de Pobra do Caramiñal
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal