>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero en Lugo

Ver en Facebook

(ultima actualización: 28 / 12 / 18 )





Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren colaborado con un sinfín de artistas.
Agora presentannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia : Os Instrumentos Populares Galegos.
O seu amplo coñecemento do folclore galego e a súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permitelles ofrecer un entretido Concerto no que amosan 24 Instrumentos Populares interpretado en formato de dúo, combinando un instrumento melódicoe outro de percusión.
Os instrumentos que se incluen son: gaitas de diferentes feituras e sonoridades, acordeón diatónico e cromático, zanfona, asubío, requinta, frauta, trompa, tambor, bombo, pandeiro, pandeira, tarrañolas, lata, tixola, noz, pandeireta, cunchas, culleres e charrasco.
O Concerto completase coa presentación e descripción básica de cada instrumento, a súa evolución ó longo dos anos e as posibilidades que hoxe en día ofrecen.
A duración do Concerto é de aproximadamente unha hora.

Foto: Diego Páez
Lugar de Fixón ( Os Casás ) Barro.



La cosechera
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal