>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Castelo de Sons (Moeche)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 23 / 11 / 18 )





Tralo éxito das tres pasadas edicións, neste 2018 retomamos a programación con dúas propostas musicais en colaboración coa Rede Cultural da Deputación e unha interesante conferencia.

Sábado 17 de novembro - 19.30h: conferencia “O estandarte Real galego. Orixe e evolución”, co investigador da Universidade da Coruña Alexandre Peres Vigo.Coñeceremos as liñaxes do reino de Galicia en contraposición coa historiografía máis difundida, na que se obvia unha entidade sociopolítica de seu no período que vai desde o século IX até practicamente o século XIV. A partir de aí, Peres fará unha aproximación aos símbolos empregados e como foron cambiando co tempo. Entrada gratuíta.

Sábado 24 de novembro - 19.30h: actuación de Tres Pesos presentando o seu disco “Acta fundacional” José Antonio Ferreira, Felisa Segade e Estevo Lamas fan música de raíz actualizada, tal e como reflicte o seu primeiro traballo, titulado “Acta fundacional”. O disco composto por nove temas supón unha verdadeira acta fundacional dunha formación que bota a andar como trío tralo paso dos seus compoñentes por outras agrupacións do país, sempre vencelladas á música e á cultura tradicional.Entradas a 2€ (1€ menores de 16 anos, maiores de 65 ou titulares de Carné Xove)

Sábado 15 de decembro - 19.30h: concerto de Xoán Curiel e Iris Gey. Xoán Curiel é un dos nosos cantautores máis prolíficos, ademais de tocar tamén as artes escénicas. Desde que publicara en 2009 o seu disco “Nai”, van aló outros catro traballos: “Ecuacións”, “Magnético Zen”, “Estamos no verán!!” (con Charo Pita) e o máis novo, “A Casa do terror”, cada un co seu estilo pero sempre en galego. Nesta ocasión súmase ao Castelo de Sons co seu espectáculo Lucerna de cantigas, acompañado da fascinante voz de Iris Gey. Entradas a 2€ (1€ menores de 16 anos, maiores de 65 ou titulares de Carné Xove)



Castelo de Moeche
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal