>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 23 / 11 / 18 )





Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.
O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latín Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño. Para realzar estas melodías e o acompañamento instrumental, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería realizarse ao vivo aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.

PIPO ALVARIÑO
Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Pipo é o produtor do proxecto. O encargado de vertebrar os arranxos e as composicións orixinais coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Compoñente da banda de folk Pepe Vaamonde Grupo dende o ano 2002 como guitarrista e arranxista. Actualmente compaxina esta labor de intérprete, arranxista, produtor e compositor coa docencia.


MARÍA VIDAL
Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Graduada en Historia da Arte pola UNED, María e a alma do proxecto, unha das mellores interpretes de música tradicional galega e a cantante favorita de Elena. No ano 1992 comeza a dirixir diversas agrupacións folclóricas e actualmente é directora do grupo de pandeireta Seixebra de Moraña (Pontevedra), do grupo de pandereteiras Riscadela de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña), do grupo de Pandereteiras dos Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós Pes de Marín e directora do grupo de pandereteiras Trébede. Tamén forma parte do grupo de música tradicional Vilarachos ademais de impartir numerosos obradoiros de canto e pandeireta.
Colaborou en varios traballos discográficos de grupos como Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía, Rumbadeira ou Trompos ós Pes.

MIRYAM GONZÁLEZ
Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidade de Música pola Universidade de Oviedo, Miryam é o contrapunto perfecto das melodías tradicionais de Elena. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música de El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidade compaxina a súa faceta de acordeonista coa de mestra de educación musical.



La Cosechera
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal