ATURUXO é unha programación sobre monográficos de música tradicional galega que se levará a cabo no Local Social do Centro Médico de Muimenta organizada pola Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño.
A idea é que podamos aprender e mellorar técnicas para seguir enchendo cada evento da Terra Chá cunha foliada, aínda que sexa improvisada! Para iso contamos cun gran elenco de profesionais do mellorciño de cada casa. Noemía Basanta Roberto Rodríguez Rebeca Tallón Iago Domínguez Ruth Pérez Xabier Iglesias
E como peche haberá unha foliada aberta onde poder poñer en práctica todo o aprendido e coa colaboración das BOUBA como grupo convidado.
Que che parece? Súmaste ao ATURUXO????
Agradecemento especial para Alberto Paz Cotelo polo deseño altruísta do cartaz, inmensamente agradecidas :)