
Xoves 22 de novembro ás 21h
Pepe Vaamonde Grupo presenta ‘Nas pedras do lar’, o seu cuarto traballo discográfico da banda galega, baseado en composicións propias instrumentais e temas cantados tradicionais. Nel a cratividade e a esencia da música tradicional galega fusiónanse para ofrecer un espectáculo orixinal e contundente.
Este cuarto traballo musical da banda está dedicado ao lume, completando así a súa cuatriloxía discográfica, onde cada disco ten como fío condutor un dos catro elementos naturais. 75 minutos de duración cargados de tradición e modernidade que farán arrincar do peito ao público fortes emocións cheas de novos sabores sonoros.
|