>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=4043:2018-11-09-11-27-52&catid=27:varios&Itemid=18

(ultima actualización: 16 / 11 / 18 )





A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).

Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Pedro Brañas, José Codesido e Xabier Iglesias, que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Data: 18 de novembro de 2018

Programa das V Xornadas de Baile Tradicional

11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h - Relatorio- Obradoiro

Pedro Brañas - "Maneo na comarca de Bergantiños"

13.30h - Xantar

16.00h - Relatorio - Obradoiro

José Codesido - “ O Bailar en Arcos- Mazaricos"

18.00h - Descanso

18.15h - Relatorio - Obradoiro

Xabier Iglesias - "O baile solto ao xeito de Vilavexe - As Nogais"

20.15h - Peche das xornadas

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966 indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e mail.

Non esperedes que as prazas voan!!!



Centro Lug 2
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal