
Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez. Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219. Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa. Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos. Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rítmica e técnica. O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e países, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues. Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar. Percusión doméstica, de 11:00 a 14:00 h: Roteiros polas raíces do folclore, técnicas e ritmos tradicionais xunto co seu contexto cultural e instrumental, adaptación de recursos percusivos ás percusións domésticas. Dunha forma entretida e dinámica coñeceremos diferentes maneiras de tocar instrumentos domésticos. Pandeiros, técnicas e ritmos, de 16:00 a 20:00 h: Ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros do mundo, introducción das técnicas de percusión tradicionais e aplicacións destes recursos nos pandeiros galegos.
Non o perdades!
|