>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de percusións tradicionais en Carballo

(ultima actualización: 16 / 11 / 18 )





Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez.
Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219.
Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa.
Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos.
Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a
riqueza rítmica e técnica.
O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e países, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.
Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.
Percusión doméstica, de 11:00 a 14:00 h: Roteiros polas raíces do folclore, técnicas e ritmos tradicionais xunto co seu contexto cultural e instrumental, adaptación de recursos percusivos ás percusións domésticas. Dunha forma entretida e dinámica coñeceremos diferentes maneiras de tocar instrumentos domésticos.
Pandeiros, técnicas e ritmos, de 16:00 a 20:00 h: Ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros do mundo, introducción das técnicas de percusión tradicionais e aplicacións destes recursos nos pandeiros galegos.

Non o perdades!



Casino 1889
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal