>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Magosto en Redondela

Ver en Facebook

(ultima actualizaci�n: 9 / 11 / 18 )





O 1º MAGOSTO DA SINHA PACA vai ter lugar o vindeiro sábado 10 de novembro, das 17h ás 24h, no espazo da Feira do Gando da Avda. Mendiño de Redonderla.

A Plataforma de activistas culturais e artístas SINHA PACA continúa dando a coñecer as súas propostas e como estamos no tempo do frío e as castañas organizan o “1º magosto da Sinha PACA”, organizado polos colectivos Millo Verde e Arte Lixo, cunha xornada festiva interxeracional, diversa e multicultural que arrancará ás cinco da tarde con xogos populares como o trompo, carreiras de sacos, o xogo das bolas e moitos máis. Actividades abertas a xente de todas as idades onde os maiores amosarán ás novas xeracións os xogos de rúa…
Sobre as sete da tarde comezará o espectáculo de teatro a cargo da compañía afincada en Compostela “O Monifate Teatro” que porán en escea a obra “A Caixiña Máxica para o público cativo do magosto.
Cando arrencendan as castañas e o chouripánn subirán ao esceario
Habelas Hainas, grupo formado en Compostela por catro mozas; Arantza Alfaia, Jara Ortiz, Patri Gamallo e Sandra Tamayo que logo dunha traxectoria na música de raíz galega forman este novo proxecto.
No ano 2017 “Habelas Hainas” sacan o seu primeiro disco "Livres e loucas" cun son enérxico, fresco e orixinal, e sempre baixo unha ollada feminista e de compromiso social.
O acordeón, a gaita, as voces e as percusións de “Habelas Hainas” porán a todo o mundo a bailar e cantar entre castaña e castaña do gosto da Sinha PACA….
De seguido tocalle o turno aos Pillabands .Grupo de Redondela e contorna que xá levan 2 anos mesturando joropos, chacareras, cumbia, techno, Jazz, muinheira ,etc..
Esperan que saia do forno o seu primeiro trabalho discográfico que esperan que sexa un éxito bailable no 2019 nos torreiros de todo o país.
“Pillabands son ”Niko ó Saxo, Berto a Bataka, Oscar Charanguito ó contrabaixo, Pibe Ariel á guitarra e Vento no fisarmónico e a voz.
Eles din “que o único que pretenden; a través das súas músicas dende Galicia, dende as rias baixas, dende Redondela, sintonizando coa alegría,degustando polas orellas e sonhando cos pes; é Vivir algunhas veces do dereito e outras do Revés”.
Pillabands tamén forman parte da plataforma de artistas Sinhá Paca, na defensa da cultura e a arte, dúas cousas que como eles din: “deben ser libres, que non poden ser prohibidas, nin acotadas con leis, nin aranceis; pois son o que realmente nos fai ser humanos”.
So queda convidarvos a todas e todos a pasar unha tarde divertida en Redondelao próximo sábado no “ Magosto da Sinha PACA”, no espazo da Feira do Gando da Avda Mendiño, onde non falataran as castañas asadas e un chocolatiño quente acompañado de rosca da Garina.



Avda. Mendiño de Redonderla
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal