>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Entre Soños en Rianxo

(ultima actualización: 9 / 11 / 18 )





Venres, 9 de novembro, ás 21h no Auditorio De Rianxo

A compañía de danza Fran Sieira o 9 de novembro, ás 21.00 horas, estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Entre soños.

Está recomendado para tódolos públicos. Duración 65 minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa, e poden retirarse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo.

Proposta enmarcada no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Todo o mundo nalgún momento da súa vida se veu nunha encrucillada. Encontrouse, encóntrase ou posiblemente encontrarase fronte a dous, ou máis, camiños que poden ser determinantes para o resto das súas vidas.

Nunca tiveches un Soño que perseguir, pero polo que non te atreves a loitar? Ben por non saír da túa zona de confort, ou por medo a perder ese benestar, … ou por calquera outra razón que fai de esta decisión un dilema difícil de resolver.

Entresoños é unha obra de baile e música tradicional galega dirixida por Fran Sieira e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño, con música orixinal de Anxo Pintos.

Concello de Rianxo Fran Sieira, compañía de danza Cultura da Deputación da Coruña Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Normalización Lingüística - Concello de Rianxo Xuventude Rianxo Biblioteca Municipal Rianxo Arousa Norte Turismo Rianxo



Auditorio De Rianxo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal