>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O violí­n nas músicas populares - Monográfico (Pontevedra)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 8 / 11 / 18 )





Sábado 10 de novembro de 2018
Organiza:
Asociación Cultural Trépia


INICIACIÓN 10:00 a 14:00
Primeiro contacto co violí­n, este consistirá nun achegamento ao instrumento para persoas que se queran iniciar ou teñen moita curiosidade.
Non é preciso que teñas o instrumento, prestámoscho.

Como funciona un violí­n, falaremos sobre as primeiras nocións de xogo, os distintos tipos de violí­n que hai, o seu prezo e as súas posibilidades dentro da música, as diferentes técnicas ao interpretar e os diferentes estilos musicais.
Resolveremos todas as dúbidas que sempre tiveses sobre o instrumento, podes escoitar e ver como está construí­do e as diferentes partes que o compoñen.

Levaremos a cabo algunhas actividades prácticas relacionadas co violí­n: xogos e cancións cos que nos familiarizaremos co instrumento.

PERFECIONAMENTO 16:00 a 19:00
Para os que xa coñecen o violí­n pero estarí­an interesadas en iniciarse na súa utilización na música popular galega.

- Podedes reservar o vosa praza na seguinte ligazón:




Asociación Cultural Trépia
Abrir mapa en navegador

- Trepia -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal