>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ruada de Outono en Moraña (Pontevedra)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 8 / 11 / 18 )





Sábado 10 de novembro no Café Sergio


Amig@s do folclore e tradicións da nosa terra: Por problemas alleos á nosa vontade ví­monos obrigados/as a non organizar este ano o formato de serán-magosteiro que todas e todos vós coñecedes dende hai oito anos. De seguro que volveremos o ano que vén, con folgos e ilusións renovadas para organizar a novena edición .

Mentras tanto,e grazas a amig@s comprometidos e a hostaleiros de Moraña, temos unha alternativa máis que interesante para que a nosa música non deixe de soar en Moraña, neste xa clásico sábado magosteiro. í‰ por isto que queremos presentarvos a RUADA DE OUTONO, o sábado 10 de novembro, comezando ás 18h da tarde e con toda esta programación:

-18h: RUADA MUSICAL polas rúas e bares do centro, comezando na de Sergio.

-20:30h MAGOSTO E CONCERTO NO CAFE BAR SERGIO cod grupos:
- Aula de Folc da ESMU (Moraña)
- Hai que Roelo (Cuntis)
- Encantiños do Umia (Godos)
- Os Druidas (Portas/Meis)
- Joel Padin (Vilagarcí­a)
- Cafe de Pota (Arcade)
- Os Carecos (Ortigueira)

- 23:00 (aprox): FOLIADA ABERTA. Traede instrumentos e gañas de cantar e bailar!


**Pedí­ndovos que compartades este evento con todas e todos os vosos contactos convidámosvos a asistir o dí­a 10 xa dende a ruada que comezará ás 6 da tarde. Castañas, chourizos, bo ambiente e mellor festa non faltarán. Apertas!



Café Sergio
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal