>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Balbino - Un espectáculo de Cantigas e Agarimos - en Vila de Cruces

Ver en Facebook

(ultima actualización: 3 / 11 / 18 )





Sábado, 3 de novembro, ás 20:30h no Auditorio Xosé Casal


Cantigas e Agarimos remata a viaxe do seu espectáculo “balbino”, no Concello de Vila de Cruces, para celebrar o día de Xosé Neira Vilas. Este espectáculo encádrase dentro do Ciclo DANZA3 da Agadic e conta coa colaboración do Concello Vila de Cruces.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, do crucés Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, "balbino" emprega todas as expresións da identidade galega ó seu alcance para lanzar unha mensaxe sinxela pero moi poderosa sobre quen somos e cal é o noso patrimonio. E non hai mellor lugar de rematar esta viaxe que no sitio onde empezou, en Vila de Cruces. Alí vos esperamos a todxs!

LUGAR: Auditorio Xosé Casal (Vila de Cruces)
DÍA: Sábado 3 de novembro
HORA: 20.30 h
ENTRADA: De balde



Auditorio Xosé Casal
Abrir mapa en navegador

- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal