>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

AgoraSón 2018 (A Coruña)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 26 / 10 / 18 )





O Ágora acollerá o 26 de outubro a versión máis feminina do AgoraSón, coa participación de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski

As voces femininas de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski serán protagonistas no AgoraSón 2018, que se celebrará o venres 26 de outubro no centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración das Bibliotecas Municipais, segue a liña doutros eventos promovidos polo consistorio, como o Festival Nororeste Estrella Galicia ou as propias Festas de María Pita, nos que o goberno local aposta pola visibilización e presenza de mulleres artistas.

O Agorasón é unha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza que procura promover a lectura en lingua galega, así como proporcionar alternativas de lecer na poboación adulta e promocionar a música na lingua do país. No concerto desta edición, que comezará ás 21.00 horas, participará unha das formacións máis novidosas e aclamadas do presente ano, como é A Banda da Loba, así como outra das voces máis recoñecidas da música galega das últimas décadas, Sonia Lebedynski.

Para poder asistir ao concerto a cidadanía só precisa recoller os convites que se atopan nos distintos centros da rede de bibliotecas municipais, e que se reparten, no seu horario habitual de apertura, pola retirada de libros en galego. Cada persoa poderá coller até un máximo de dúas invitacións para a cita.





Centro Ágora
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal