
Venres 26 de outubro
Achégase xa o venres, e toca Repifesta... Como todo ten o seu final, o Corazón Blanco pecha as súas portas; despois de varios anos inesquecibles, será a última Repifesta no Mesón Corazón Blanco. Por tal motivo, queremos que estedes "todos", para disfrutar dunha última Repifesta especial, para darlles a Isabel e a Noelia o merecido agradecemento polo ben que nos trataron e para non esquecer nunca o lugar onde tantos e tan bos momentos pasamos.
Vémonos o próximo venres 26, no Mesón Corazón Blanco, a partir das 22:00.
LUUUUUUUMMMMMEEEEE.....!!!!
|