>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Magosto no Gaiás (Compostela)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 26 / 10 / 18 )





Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo protagonista da actuación musical e Premio Martín Códax da Música Tradicional e Folk 2018. Todo un luxo de mestre!

Este recoñecido músico actuará no Magosto no Gaiás acompañado de Aliboria, grupo de percusión que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas vocalistas con novos arranxos nos ritmos tradicionais cheos de forza, raza e terra.

Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores e sachos perfectamente conxunguidos no Gaiás con cantos, aturuxos, bailes, diversión e a enerxía das castañas, grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia. Agardámosvos nesta xornada festeira, na que contaremos cunha pequena mostra da variada familia de instrumentos de percusión galegos que non só poderedes ver, senón tocar!

PROGRAMA

19h. Obradoiro de tarrañolas (Previa adquisición de entrada). Obradoiro para todos os públicos. A participación de menores de idade está supeditada á participación tamén dun dos seus titores legais, o que implicará a adquisición dunha entrada para cada un.
20h. Apertura de portas. Degustación de castañas. Mostra de instrumentos de percusión tradicional (ata ás 20:30)
21h. Concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria




Cidade da cultura
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal