>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tribalistas en Compostela

(ultima actualización: 26 / 10 / 18 )





Venres, 26 de outubro no Multiusos Fontes do Sar


Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa, que os levará tamén por Portugal, Reino Unido, Alemaña, Francia, Suí­za e Italia. O trí­o formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial.

A cita será o venres 26 de outubro ás 21 horas no Multiúsos de Sar, e contará cun artista convidado. Tribalistas é un dos maiores fenómenos da música brasileira recente e os seus tres protagonistas volveron xuntarse en 2017 para publicar un novo disco quince anos despois do grandí­simo éxito que supuxo o anterior. As súas músicas tiveron alcance mundial e medio planeta cantaruxaba aquilo de "eu sou de ninguem, eu sou de todo o mundo, e todo o mundo me quer bem" do tema \'Ja sei namorar\'.

Aquela xuntanza excepcional de tres grandes como Monte, Antunes e Brown xurdiu de casualidade logo de que Marisa fose colaborar no disco de Arnaldo do que Carlinhos era produtor. Alí­ saltou a chispa, que só deu como froito un disco homónimo publicado en 2002. Nunca se presentaron e nunca fixeron unha xira grande, pero venderon máis de tres millóns de discos en todo o mundo e tiveron cinco nominacións aos Grammy Latinos.

No pasado verán publicaron este agardadí­simo segundo disco (CD e DVD, tamén en vinilo), publicado por Universal Music e en plataformas dixitais por Altafonte. Nel tamén participa en tres temas a cantora portuguesa Carminho. E o 28 de xullo comezan en Brasil unha xira mundial, que comezará en oito cidades brasileiras e continuará en Europa, onde, ademais de Compostela, visitarán Lisboa, Porto, Barcelona, Madrid, Londres, Hamburgo, Basel, Parí­s, Milán e Roma.

Nesta xira tamén tocarán temas do seu primeiro disco, que se converteron en hits a nivel mundial, como “Passe em Casa,” “Velha Infí¢ncia” ou “Já Sei Namorar”. O espectáculo está dirixido por eles mesmos, xunto con Leonardo Netto. Forman parte da banda Dadi Carvalho (baixo, guitarra eléctrica, mandolina e teclados), Pedro Baby (guitarra acústica e eléctrica), Pretinho da Serrinha (cavaquinho) e Marcelo Costa (percusións).



Multiusos Fontes do Sar - C.D. Santa Isabel
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal