
Sábado, 20 de outubro na Casa da Cultura de San Sadurniño
A A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega. Seguindo a estrutura das anteriores edicións, as xornadas de 2018 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición “Raparigos: 50 anos de música tradicional”, que recolle unha selección de imaxes, documentos e instrumentos dun dos grupos máis senlleiros da música tradicional galega. O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora un obradoiro de técnicas para a gaita de fol, impartido polo músico Xaquín Xesteira “Xocas” do grupo Treixadura. No terceiro dos bloques inclúense as actuacións de Xocas cos alumnos do obradoiro, a agrupación Donaire de A Coruña e o cuarteto de música tradicional “Os Faiscas de Solobeira” (Cambados).
|