>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa Fin de Tempada de Leirabuxo (Boimorto)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 19 / 10 / 18 )





Xa hai un tempo que andamos dándolle voltas a unha idea que nunca acabara de facerse real, ata este momento. Temos o pracer de convidarvos a todos os que nos apoiades e vides ver sempre que podedes. A festa, con cena gratuí­ta incluí­da, como vedes no cartel, terá lugar o próximo sábado 20 na Telleira de Boimorto.

Leirabuxo fará o seu concerto de despedida desta tempada, pero tamén teremos con nós a grata compaña dos Varacuncas... E logo FOLIADA ata que nos cansemos !!

Tedes toda a información no cartel, e nós só precisamos que vos anotedes nos teléfonos que aquí­ aparecen, como moi tarde, o mércores.

Animádevos a pasar unha noite agradable!! Esperámosvos a todas e todos os que queirades!!



Boimorto
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal