>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XIII Encontro de danzas tradicionais do mundo no Carballiño

(ultima actualización: 11 / 10 / 18 )





Do venres 19 ao domingo 21 de outubro


¡Vai ter lugar un novo Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)!

A ASOCIACIÓN SEBAILA, organiza unha nova edición deste encontro, concebido para compartir momentos de música, baile, andainas ou simplemente de estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza.

Se tocades algún instrumento animádevos a traelo!

Tamén haberá música en directo, claro!

Reunirémonos alí desde o venres día 19 de outubro pola tarde, ata o domingo día 21, tamén pola tarde.

O custe de toda a fin de semana, en pensión completa, en habitacións dobles ou triples (talleres e conciertos incluidos) é de só 75 euros por persoa adulta: unha proposta moi económica, pois a Residencia está moi coidada, cunha paisaxe preciosa, uns xardín arredor moi agradables e o ambiente é magnífico.

Os nenos menores de dous anos non pagan e os que teñen entre 3 e 12 pagan 30 euros.


O prazo para anotarse remata o día 14 de outubro. .

Debedes contactar con Pili ou Polo nos teléfonos 981672409 e 696437578 e facilitarlles o teléfono, DNI e nome completo das persoas que van ir, ou ben escribirlles ao correo: danzaliamundi@gmail.com

Tamén é preciso que paguedes o importe total que vos corresponda, o cal debemos ingresar á Xunta de Galicia antes de irmos. Podedes facelo en efectivo na escola DANZALIA MUNDI, Avda de Peruleiro, 28 baixo, A Coruña ou ingresalo na conta bancaria de Sebaila, Asociacion SEBAILA. ABANCA. cta. ES88-2080-3106-33-3040011690.

Se alguén desexa menú vexetariano pode solicitalo ao rexistrarse, ou se ten algún tipo de restriccións na súa comida.

Animádevos a unha festeira fin de semana de danzas!


A XUNTA DIRECTIVA DE SEBAILA



Residencia Tiempo Libre O Carballiño. Avenida Parque, S/N. Carballiño.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal