
O entroido en Viana comeza cedo, nada máis rematar os reis os folións comezan cos ensaios e saidas polas tardes o rematar o traballo. Hasta que chega o primeiro dos días da fariña: Xoves de Compadres, no que as mulleres colgan o lardeiro (boneco recheo de palla), e os homes as persiguen para botarlles fariña. O xoves seguinte é o día da revancha, Xoves de Comadres, no que os papapeis cambian e son as mulleres as que botan a fariña. A fariña estará presente durante toda a festa carnavalesca ata o martes no que as 12 da noite ten lugar a queima dos lardeiros, pondo fin a festa, sendo este un dos momentos máis emotivos do entroido. Dun valor etnográfico incalculable é o entroido vianés, cos folións e boteiros. O Folión consiste nunha comitiva formada por bombos e aixadas , cada pobo ten o seu propio son peculiar e diferente os demáis, que nos días do entroido enche as rúas de Viana O Boteiro é a personaxe máis importante do entroido. O traxe do boteiro de espectacular colorido e artesanal confección, consta dunha camisa feita con máis de mil metros de cinta de raso que forma distintas figuras geométricas. A pantalla composta de papel de seda de diversos cores sobre un entramado de aramefacendo debuxos geométricos.
FESTA DA ANDROLLA O Domingo Gordo é o día grande da festa carnavalesca. A praza maior e as rúas da vila vístense de gala para recibir con grande algarabía o desfile de carrozas, folións, boteiros e distintas comparsasprocedentes de tódolos rincós da comarca vianesa. O día culmina coa festa da androlla, de grande interese gastronómico. O menú consta de caldo con picatostes, cachelos con grelos, lacón, chourizo e a raíña da festa: androlla, seguido de cordeiro e rematando con bica e vianos (bombóns recheos de mel). Xa se levan realizadas 38 edicións desta festa de culto ás costelas adobadas,embutidas e curadas ao fumo nas vellas lareiras.
|