>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

3º Serán Grupo A Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)

Ver en Facebook

(ultima actualizaci�n: 5 / 10 / 18 )





XA ESTAMOS DE VOLTA!!! CA 3ª EDICIÓN DO SERÁN FOLCLÓRICO A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA!!!!

O 6 de outubro terá lugar o 3º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa)

Con xa dúas edicións ás nosas costas, vamos ca teceira pero non a vencida!! Coma sempre, con máis gañas e ilusión si cabe!!!

O principal, convidarvos a todos aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634673008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero ós que saibades con antelación a vosa asistencia, agradecemos nolo comuniquedes para ter todo máis organizadiño.
E os que non sexades de grupos, estades convidadísimos igualmente!! Vámolo pasar en grande, boa música, boa xente, ledicia por todas partes... Que máis se pode pedir?

Por suposto non van faltar os xa coñecidos coma OS MELLORES CALLOS DE TODA A COMARCA DO SALNÉS, para tod@s @s asistentes!! Ademáis de bebidas, sorteos, photocall... Non vai faltar de nada!!

E sin máis, agradecervos o voso tempo, esperamos vervos a todos por alí de festa rachada, non vos arrepentiredes!!

Agradecemos MÁXIMA DIFUSIÓN, COMPARTIDE!!!!!
Información e inscricións: grupo@axunqueira.com



Rúa Pio XII, 36600 Vilagarcía de Arousa
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal