>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cadeas e música
Fonte / Máis información




(Firma: A.CAAMAÑO)

UNHA DAS lecturas que máis me aterraron nos últimos anos foi a da Filosofía Práctica de Spinoza, de Gilles Deleuze. Nela, o filósofo parisino debulla o pensamento do filósofo e pulidor de lentes holandés/español/portugués e xudeu Baruch Spinoza. Un das ensinanzas aterradoras (hai páxinas que aínda non comprendo, pero que aí seguen) é que ven a dicir que basicamente, non somos libres de facer o que nos peta, porque cada un de nós é unha parte fundamental da sustancia divina, da existencia, que está en todo e é todo.

Non hai un mundo e nós escollemos estar así ou asá. Estamos porque movemos o día e a noite porque permanecemos atados ao plano descrito por esa sustancia total, da que a nosa existencia é só unha pequena marca, pero, iso si, imprescindible. Así que, ben, a liberdade non é máis que decatarse de que es un preso e que son os afortunados os poden escoller as súas cadeas.

Estar perto da reflexión, da acción, da inquedanza intelectual ou física (que para Spinoza, son o mesmo) son as ferramentas do entendemento para comprender a súa posición no mundo, e, segundo Spinoza, o sentido do Estado é fornecer ao cidadáns de todos estes medios para que deixen de ser máquinas que non comprenden as ordes que reciben.

O anuncio de que a Consellería de Vicepresidencia quere establecer unha rede de locais de ensaio para que a música galega deixe de ser unha obra de talentos voluntariosos que sempre rematan en La Latina, Madrid, xa lla acaeu o de «oportunista» de parte dos conservadores locais, que acusan a iniciativa de querer engaiolar aos rapaces con posibilidades de practicar e coller táboas. Se os conservadores teñen razón, malo: a potencialidade artística empregada para captar votos. Se non teñen razón, pode ser un primeiro paso para comprendermos que non todo na vida é expropiación e alquitrán.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal