>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO (Salceda de Caselas)

(ultima actualización: 28 / 9 / 18 )





A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza, en colaboración co concello de Salceda de Caselas, un curso intensivo que contará con catro especialidades a escoller:
- Baile tradicional - Impartido por Javier Feijoó "Xisco"
- Canto e pandeireta - Impartido por María Vidal
- Gaita - Impartido por Suso Vaamonde
- Percusión tradicional - Impartido por Francisco Estévez “Chuco”

O curso vai ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a alumnado cunha base previa nas diferentes modalidades ofertadas, presentándose como unha ocasión única para perfeccionar coñecementos e técnicas. Os interesados deberán elexir unha única modalidade.

Prazo de inscrición: do 1 ao 26 de setembro ou ata completar as prazas.

Para realizar a matrícula no curso podes descargar o boletín de inscrición en http://www.gaiteirosgalegos.gal/images/stories/files/fichainscricioncurso-rxpd_web.pdf ou solicitalo na AGG ( secretaria@gaiteirosgalegos.gal - tlfs:986 847 074 - 982 229 966) e envialo debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pagamento bancario á secretaria@gaiteirosgalegos.gal

Prezo curso:
40 € soci@s agg
45 € non soci@s
* con comida 60€ soci@s agg - 65€ non soci@s

Pagamento na conta:
ES75 2080 0165 7130 4001 9469
(indicar nome, apelidos e especialidade elexida do curso)

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas antes de facer o pago da inscrición.

Máis información: secretaria@gaiteirosgalegos.gal 986 847 074 - 982 229 966



Salceda de Caselas
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal