>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)
https://santaminia.blogspot.com/2018/09/romaria-de-santa-minia-2018.html

(ultima actualización: 24 / 9 / 18 )






Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e o baile e, como non, a mellor gastronomí­a galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano regresan por triplicado.

Coma de costume, o concello poñerá a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuí­tas. Dende o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que ningún visitante se deixe enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un alugamento por estacionar o seu vehí­culo.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico durante a xornada do dí­a 27, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

PROGRAMA SANTA MINIA 2018

Mércores 26: Vésperas
- 13:30 h.: Charanga Mekánika
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar.- "Saabor"
- 19:00 h.: Xoldra de Rois
- 21.00 h.: Charanga Mekánika
- 22:30 h.: Orquestras Capitol e Finisterre
- 00:00 h.: Fogos de artificio e queima da fachada

Xoves 27: Santa Minia
- 10:00 h.: Charanga Os Celtas
- 12:00 h.: Os Viqueiras de Ordes
- 14:30 h.: Sesión vermú coa orquestra Costa Dorada
- 16.00 h.: Brassica Rapa
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar "Dani Garcí­a: Código"
- 18.30 h.: Agrupación folclórica de Brión (Na praza do Concello)
- 20.00 h.: Orquestras Costa Dorada e América

Venres 28:
- 13:00 hrs.: Os Xirifeiros de Carril
- 17:30 hrs.: Espectáculo Familiar "Circo Chosco: Riscando o ceo"
- 20:30 hrs.: Faí­scas da Pontraga
- 22:30 hrs.: Concerto Xabier Dí­az & Adufeiras de Salitre "Noró"

Sábado 29:
- 13:00 hrs.: Requinteiros da Ulla- A Gaita de Sarandón
- 17:30 hrs.: Musicleta

Domingo 30:
- 12:00 hrs.: Os Castros de Ames
- 17:00 hrs: Festival de Bandas de Música Populares: Banda Escola de Rianxo e Banda de Música Municipal de Brión




Brión
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal