>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

(ultima actualización: 21 / 9 / 18 )





Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€
Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen forzas neste show único e irrepetible na Mardi Gras da Coruña para conquistar, como acostuman, a un público que non é exclusivamente amante do Hip Hop e está aberto ao mundo musical.

ALTO ASALTO toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán. Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron nada doado. Así MouDaFaKa e Riajos GatoPersa, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de Mourone (Dios ke te Crew), creador das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma do rap hiperdimensional e fan de nexo ca criatura social que queren amosar en “Soños e Quimeras”, xúntanse para obralo milagro.

Todos coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de MouDaFaka e a aterciopelada de Riajos GatoPersa, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.

O novo disco, “Soños e quimeras” é, ademais da creación dun novo mito, a representación cultural dunha loita que traen do inferno para deleitar a quen busca cancións para saír dunha realidade anestesiada e verse inmersos nunha guerra dialéctica que dará que falar. Rap galego e en galego para levar a terriña, Galiza, e os seus conflitos, fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar.




Sala Mardi Gras
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal