>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

X Asaghieiras Master Festival (Lariño. A Coruña)

(ultima actualización: 21 / 9 / 18 )





Sábado, 22 de setembro en Lariño

Convidámosvos a tod@s, grandes e pequechxs, a esta nova edición do Asaghieiras Master Festival no que, con moita ilusión e as forzas renovadas, presentamos unha xornada cargada de música de calidade, actividades para persoas de tódalas idades, comida e bebida a prezos populares nun entorno privilexiado da brava e fermosa Costa da Morte.

Ide reservando TODO O DÍA 22 DE SETEMBRO, pois agárdanvos:

-SESIÓN VERMÚ🎵🍷
-CHURRASCADA🍗🍖
-MEXILLOADA (emoticono de mexillón 🐚)
- CONCERTOS DE BALDE EN CARPA FECHADA
- POSTOS DE ARTESANÍA GALEGA
- ZONA DE ACAMPADA ⛺🌅

Non podían faltar as actividades para os máis pequechxs (e non tan pequechxs!). A tarde do 22 de setembro estará amenizada polo Circo Lillas e o Mago Pedro Bugarín, que nos fará desfrutar dunha función sen igual antes de comezar co rock & roll! 🎪🎉🎊

e, por suposto...

🎤🎸GRANDES ACTUACIÓNS NO PALCO DE ESPONTÁNEOS 🎤🎸

🎉🎉🎉DIFUNDIDE A BOA NOVA, ASAGHIEIRAS ESTÁ DE VOLTA 🎉🎉🎉




Lariño
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal