>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Canteira Fest 2018 (Vilaboa)

(ultima actualización: 21 / 9 / 18 )





O Canteira Fest é o primeiro festival orientado a mocidade no concello de Vilaboa e trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural. Terá lugar o 22 de setembro de 2018, na Canteira de Paredes (Vilaboa) e é de balde. Contará con artistas como: De Vacas, The Tetas Van, SonDaRúa, The Lelly Kellys, Sheila Patricia e Os Meninos. Ademais da actuación musical do grupo Migallas, que terá lugar pola tarde con diferentes actividades para os máis pequenos da casa. O festival contará cunha oferta cultural feminista e durante todo o día, que inclúe unha DJ, festa da espuma, talleres, coloquio sobre a muller na cultura con confirmacións como Tamara Andrés ou Isabel Risco, etc.
Ademais durante todos os domingos de agosto e os dous primeiros de setembro, celebráronse pequenos concertos de autor en diferentes puntos do concello co obxectivo de dar a coñecer o festival na zona e atopar medios para a realización do festival.



Canteira de Paredes (Vilaboa)
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal