>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Sada - Entroido 2009
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 19 / 2 / 09 )



O programa de actos principiará o día 21 de febreiro cunha Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes a partir das 16.30 horas. Os menores de Sada poderán participar este día no concurso de disfraces e tamén nos sorteos de agasallos que se celebrarán ao longo da festa.

Un día despois, o domingo 22 de febreiro, terá lugar a Festa da Filloa no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. As persoas que asistan poderán degustar este tradicional postre de Entroido acompañado de anís. O grupo musical Midas será o encargado de amenizar a velada.

O mércores, día 25 de febreiro, a Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá unha actuación de comparsas a partir das 19.00 horas. A celebración do Entroido 2009 rematará en Sada co tradicional Enterro da Sardiña na praia das Delicias. Está previsto principie ás 21.00 horas.

O cartel anunciador do Entroido 2009 de Sada foi elaborado por un rapaz de 10 anos, Nicolás Coelho Gende, que resultou gañador da segunda edición do Concurso Municipal de carteis de Entroido, dotado cun premio en metálico de 150 euros.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal