>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Pepe Vaamonde Grupo en Moaña

(ultima actualización: 19 / 9 / 18 )





O sábado 22 de setembro sobre as 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 5€, (teléfono de reservas 986 31 09 91) volve ao Var con uve a banda de folc galego Pepe Vaamonde Grupo que leva máis de trece anos de vida e máis de 200 concertos nos escenarios máis representativos. O seu espectáculo é un proxecto artístico baseado nas creacións propias e nunha visión persoal da música do país, que se reflicte nun directo contundente e orixinal.

O grupo liderado polo compositor, gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, e o arranxista e guitarrista Pipo Alvariño, presentan o seu novo disco Nas Pedras do Lar. Novo proxecto musical que xunto co resto dos compoñentes da banda: Jesús Vidal (baixo), Miguel Anxo López (percusións), Miryam González (acordeón) e Javier Feijoo (Xisco) a voz, pretende expoñer un espectáculo baseado na forza e contundencia da música folc galega para o directo.



Var con Uve
Abrir mapa en navegador

- Pepe Vaamonde Grupo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal