>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Esgos - Programa Entroido 2009

(ultima actualizaci�n: 19 / 2 / 09 )





O domingo 22 de febreiro celebrarase o entroido en Esgos. Os felos e as madamas recorrerán os pobos do concello dende primeira hora da mañá.

Ás 17.00 horas celebrarase na Praza da Souteira (Esgos) o desfile de disfraces e carrozas, acompañados polos felos e as madamas e unha charanga.

Haberá regalos para os nenos disfrazados e merenda para todos os asistentes.

Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no concello antes do 20 de febreiro.

PREMIOS DO CONCURSO DE DISFRACES

Premios do concurso:

Mellor traxe de felo: 50 €
Mellor individual: 40 €
Mellor grupo reducido (ata 8): 60€ + chourizos
Premio especial carrozas e grupos numerosos:

1º clasificado: 100€ + xamón
2º clasificado: 100€ + cachucha
3º clasificado: 80€ + lacón
4º clasificado: 60€ + 2 codillos


PERCORRIDO DOS FELOS E MADAMAS

Entre as 9 e as 9.30 concentráranse os felos e madamas na Praza do Afiador (Esgos) e sairán en autobús cara Vilar. A continuación irán a Lobaces, Gomariz, Loña, Cernada, Quinta, Melón Alto, Melón Baixo, As Meiroás, A Touza, Fondo de Vila e Casanova.

Ás 17.00 horas participarán no desfile de carrozas e disfraces en Esgos.

Despois do desfile acudirán a: Lama, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso (ás 21.00 horas aproximadamente).














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal