>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Asociación Xuvenil Xiradela (Arteixo) - Curso 2018/2019
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 9 / 18 )





No mes de agosto abrimos o prazo de matrícula para o curso 2018-2019. Podes ver as actividades premendo aquí.

Estes son os días e horarios de matrícula:

- Socios: 29 e 30 de agosto, de 19.00h a 21.30h.
- Novos socios: 5 e 6 de setembro, de 19.00h a 21.30h.

A matrícula realizarase nas instalacións do Centro Agarimo (Rúa Padre Villa, 30 – Laxobre – 15142 – Arteixo)

As clases comezan na semana do 17-21 de setembro

O pago da cota de socio e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente. Dependendo da modalidade elixida, os pagos realizaranse da seguinte maneira:

- Modalidade anual: único pago no mes de novembro da cuota de socio e do importe da cuota das actividades de todo o ano.
- Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
  · Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
  · Xaneiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
  · Abril: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.


IMPORTE DA MATRÍCULA:

Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.

Os socios/as que non se inscriban en ningunha actividade serán renovados automaticamente da súa condición de socio/a.

Importe da matrícula:

- Socios/as: 3 €.
- Novos socios/as: 5 €

O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado.



Polígono industrial de Sabón, Parcela Nº5
Abrir mapa en navegador

- Xiradela -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal