
O vindeiro luns 17 de setembro comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.
Entre as actividades deste ano podes atopar: baile tradicional galego, pandeireta e canto tradicional, gaita galega, requinta, zanfona, percusión tradicional, acordeón diatónico, música para nenos, linguaxe musical, costura tradicional e pasamanerías, ukelele, guitarra, baile moderno, baile irlandés...
Coma tódolos anos, esta quincena será gratuíta para que probes todas as disciplinas que che apeteza (previa inscrición), e poidas elexir a que máis che gusta.
Non o penses máis e VEN TROULEAR CON NóS!!
|