>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (Compostela) - Curso 2018/2019
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 12 / 9 / 18 )





A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 3 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

O período de inscripcións prolongarase ata o día 14 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

Toda a información sobre horarios, grupos, profesores e contidos pode consultarse na web www.cantigaseagarimos.es (sección ESCOLA-MATRÍCULA), nos teléfonos 618 518 524 / 981 939 084, ou no local da Agrupación, situado no antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela, de luns a venres en horario de 19 a 21 h.



R/ Castiñeiriño, 21
Abrir mapa en navegador

- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal