
Ide decidindo a que vos ides apuntar este novo curso! Faremos unha versión cos horarios detallados. No entanto, principais novidades e ideas forza: - Estreamos actividade especialmente orientada a rapazada de 3 a 5 anos, coa pandeireteira e diplomada en Maxisterio Infantil Noelia Villaverde. Será os mércores ás 17h - Aula avanzada de percusión os martes ás 21h; ademais da de iniciación os sábados pola mañán. - Temos un grupaso de pandeireteiras adolescentes ao que estamos interesados en incorporar novas compañeiras ou compañeiros. Se sabes tocar e tes entre 12 e 18 anos... imos facer cousas bravas (pandeira, reto de concurso...). Á parte de 3 niveis máis dispoñibles! - A aula de baile adultos seá venres á noitiña, habémoste espabilar pero ben! - O grupaso de gaita mantense os sábados á mañán (xoves tarde, para nenos).
|