>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html

(ultima actualización: 7 / 9 / 18 )





Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalá” da A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.



Ouzande
Abrir mapa en navegador

- A Fervenza de Ouzande -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal