>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña)

(ultima actualizaci�n: 7 / 9 / 18 )





Venres, 7 de Setembro
Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)


Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros.

A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuí­tos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido! Non dubides en achegarte con net@s, sobriñ@s, fill@s...

Pero a festa non acaba aí­, a noite segue cos seguintes grupos:

Coro Son Elas: Dende aquí­ ao lado, de Ames, chega un coro formado na súa totalidade por mulleres que nos traen música variada e contemporánea.

Os Tres Pesos: Tres músicos, tres caras da mesma moeda, tres apasionados das nosas músicas, Tres pesos. Música de raí­z transportada ó século XXI.

Os d\'Abaixo: a carballesa máis internacional chega a Ameneiro para facernos bailar da man dun grupo tradicional que leva a foliada por medio mundo

Os John Deeres: Dende A Estrada chega unha das bandas referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada.

Deseqilibrio mental: Deseqilibrio Mental: "Na Casalonga Rocanrol“ din nun dos seus temas e nas súas novas camisetas. A contundencia do" metal rural" con máis de 15 anos de experiencia no rock en galego.

Ademais, durante toda a noite poderedes achegarvos ao stand da Plataforma para conseguir as vosas camisolas, facervos soci@s ou asinar contra a planta de residuos. A recadación da cantina destinarase ás accións levadas a cabo pola plataforma.

Grazas a toda a veciñanza pola acollida a este festival solidario para o que novamente volvemos pedir a vosa unión nun evento que esperamos sexa do voso agrado. Non podemos deixar de agradecer aquí­ a colaboración desinteresada dos grupos que fixeron un oco nas súas ateigadas axendas de verán para tocar e berrar ben alto que non queremos unha planta de residuos tóxicos, así­ como o resto de colaboradores que desinteresadamente fixeron posible esta celebración: Midón, Infantilandia, Comisión de Festas do Monte Carmelo, Jose Manuel Piedra, Xurxo Piñeiro e Juan Antepazo e moit@s máis
Compartide, difundide, berrade moi alto!





Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal