>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XVII Noite da Lúa Meiga (O Viso. Redondela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 24 / 8 / 18 )





O sábado 25 de agosto prográmase unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos e idades.

Ás 10:00h da mañá realizarase a concentración de chimpíns decorados no Torreiro da Gándara xunto ao campo de fútbol e así proceder de seguido co Roteiro Musical e de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro.

Ao chegar, e como novidade este ano, teremos xa concerto na “sesión vermú” onde nos acompañará o grupo TR3S POR C4ATRO. A continuación haberá xantar popular onde teremos postos de polbeira e petiscos varios.

A partir das 17h poderase participar de diversos xogos tradicionais, e da programación enfocada aos máis cativos. Empezaremos co espectáculo “Bulebule” do gran PACO NOGUEIRAS e seguiremos con DUENDE CIRCO que nos ofrecerá humor, malabares e maxia..

E de seguido, darémoslle paso xa a gran noite. Comezaremos a iso 20h con CÉ ORQUESTRA PANTASMA e cos concertos de RADIO COS e TIRULEQUE

Coma sempre, a organización presenta un programa 100% galego e en galego, reivindicando a nosa cultura, a nosa música e o noso idioma. Un programa para todos os públicos, sobre todo para todas e todos aqueles que valoran a música galega máis tradicional e achegada ao pobo.



Miradoiro Do Monte Outeiro Grande (O Viso)
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal