>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXI Festival Tromentelo (Cangas)

(ultima actualización: 23 / 8 / 18 )





Sábado, 25 de agosto
Xardins de Andrea, Cangas


Quedades todos convidados a desfrutar da música folk e do baile tradicional o sábado 25 de agosto partir das 22h. nos Xardí­ns de Andrea, para o XXI Festival Tromentelo, que se celebra no marco das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Este ano nos acompañará no esceario a Asociación Cultural os Muí­ños de Oliveira, de Ponteareas, e Pepe Vaamonde Grupo.

A A.C. Os Muí­ños de Oliveira ven a presentar o seu último espectáculo no que poderemos desfrutar dos seus grupos de baile, música e pandereteiros.

Pepe Vaamonde Grupo achégase ao festival para presentar o seu último traballo discográfico "Nas pedras do lar". Cuarto traballo da banda na que a creatividade e a esencia da música tradicional galega se fusionan para ofrecer un espectáculo orixinal e contundente.



Xardins de Andrea, Cangas
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal