>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xabier Dí­az e Adufeiras de Salitre en Trives

Ver en Facebook

(ultima actualización: 13 / 8 / 18 )





O vindeiro 17 de agosto chegan a Trives, facendo así a súa primeira actuación na provincia co seu novo traballo discográfico “Noró”. Un concerto de música tradicional na que mostran unha declaración de amor ao norte, á súa música e á súa xente.
Noró, nace tralo éxito acadado co anterior traballo, The Tambourine Man, un dos discos máis vendidos da música galega nos últimos anos, co que ademais recibiron diversos premios e fixeron xira por toda Europa. En Noró hai un gran traballo de recuperación de músicas tradicionais, podendo consideralo casi coma unha continuidade de The Tambourine Man.
Neste disco, podemos escoitar que entre os ritmos recollidos acoplaron o son do Folión de Manzaneda nun dos temas, “Unha fala e un cantar”.
Dende a Concellería de Cultura da Pobra de Trives, apostando polas nosas tradicións, e apoiando os proxectos musicais galegos, traemos en concerto a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, acompañados pola música dos irmáns Alvarez. Tras diversas actuación xa con Noró por Galicia, España e por Europa, é un orgullo para nós contar con esta actuación na Pobra de Trives, sendo a súa primeira presentación na provincia de Ourense.
Por outro lado, a ilusión é dobre, xa que os músicos que acompañan a Díaz e ás Adufeiras, son Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), veciños de aquí de Trives, facendo que esperemos a noite do concertó dun xeito moi especial.
Non perdades a oportunidade de desfrutar da música galega da man dun dos máis grandes, aquí na Pobra de Trives. A cita é o vindeiro venres, 17 de agosto, ás 22h. no Patio Santa Leonor.
As entradas teñen un prezo de 10€ + gastos de xestión en venda anticipada e de 15€ en taquilla no mesmo día do espectáculo. O aforo limitado é limitado, así que recomendamos mercar a entrada con tempo.
Entradas a venda na Oficina de Turismo da Pobra de Trives e en ataquilla.com



Concello de A Pobra de Trives
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal