>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival 27373 de Música en Galego de Begonte

Ver en Facebook

(ultima actualización: 10 / 8 / 18 )





Sábado, 11 de Agosto
Club Fluvial de Begonte


O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte, Non Estreses Aventura Offroad, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Grupo Río Miño, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais faremos a presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada por membros da asociación en colaboración con Alberto Curiel nas instalacións de Cervexa Artesá Aloumiñaa. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, comezará o VII Aberto de Billarda e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares e un obradoiro de arxila.

Pola tarde, a partir das sete e media, abrirá o festival o grupo Migallas Teatro desde Pontevedra coa obra “Merenda con Pan de millo unha obra musical dirixida ao público infantil e familiar que chega ao festival grazas ao Concello de Begonte.

Despois subirán ao escenario, desde a comarca de Ortegal, o grupo de música tradicional, Os Carecos, cinco pandeireteiros que van poñer o torreiro patas arriba. Cuarta Xusta desde Melide, serán as encargadas de poñer notas de rock combativo e feminino. Para rematar, Berta Franklin, desde Lugo e Begonte un dos grupos revelación da escena lucense que van dar moito que falar nos vindeiros tempos, rock, blues e soul para rematar este sétima edición .



Club Fluvial de Begonte
Abrir mapa en navegador

- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal