>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XIII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)
http://terrachaxa.com/axenda/festival-da-chaira-en-baltar/

(ultima actualización: 20 / 7 / 18 )





Sábado, 21 de xullo


A XIII edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será o 21 de xullo en Baltar, A Pastoriza. Todas as actividades programadas realízanse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Este festival tenta promover a defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego.

A asociación cultural A Chaínza leva doce anos encargándose de definir o programa do Festival dá Chaira.

Este ano, o programa dará comezo coa Ruta A Espiga , de 6 quilómetros polos arredores do festival, que arrincará ás 11 da mañá.

Sobre as 13:30 comezarán os concertos cun grupo tradicional da Pastoriza, para despois dar paso aos Feroces da Galgueira. Xa pola tarde será o IX Aberto da Billarda e outros xogos tradicionais e tamén haberá actividades para os máis pequenos con Peter Punk. Xa pola noite, a partir das 22:00, os Milesios, GHZ, Folkólicos, Falperrys, Os Vacaloruas e Brigada AM amenizarán a festa.

A #chaira18 , coma todos os anos, conta con concertos e actividades de balde para todos os públicos. Ademais conta cun amplo espazo de acceso libre para acampar baixo a sombra dos carballos.





A Pastoriza (Lugo)
Abrir mapa en navegador

- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal