>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Gadélica Sargadelos (Cervo. Lugo)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 19 / 7 / 18 )





Aquí­ tedes o cartaz con todo o que vai haber durante os dí­as 27, 28 e 29 de Xullo en Gadélica Sargadelos.

Por terceiro ano consecutivo, Gadélica presenta o seu encontro coa cultura e o arte, no máxico entorno de Sargadelos, cunha proposta suxerente e vangardista para mentes inquietas e corpos vitais. Expresións musicais emerxentes da música electrónica, combinaranse con unha morea de actividades ...de diversa í­ndole, que farán disfrutar ós asistentes ao largo das máis de 48 horas do festival dunha experiencia única.

Este ano Gadélica estrúcturase ó redor de dúas grandes “Noites temáticas” no Escenario Principal do Campo da Fonte e no Delos Garden da Casa da Administracion, nas que a electrónica Dub e Psytrance serán as protagonistas, ocupando alternativamente cada un dos dous espazos. Previamente a estes espectáculos, no escenario principal teremos oportunidade de desfrutar de catro propostas galegas, de diferentes personalidades, pero que a vez complementanse para ofrecer unha mostra do panorama musical mais emerxente da música galega. Durante o dí­a, e parte da noite, levaranse a cabo diversos talleres lúdicos, sensitivos, esotéricos e formativos nos variados e suxerentes espazos que o entorno de Sargadelos ofrece.

Gadélica é un festival completamente gratuí­to grazas, fundamentalmente, ao patrocinio do Concello de Cervo e a colaboración do comercio local. O respeto polo entorno, as persoas e os animais son parte substancial da filosofí­a de este encontro, e un dos motivos da súa existencia. Haberá, como todos os anos, un espazo destinado a vehí­culos residenciais e outro para aparcamiento ocasional.



Sargadelos. Cervo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal