>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cursos de Veran BAILAR XOGANDO da Asoc. Peleiriños (Sarria)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 17 / 7 / 18 )





Un ano máis chega o CURSO DE VERÁN: ''BAILAR XOGANDO''. Con este curso pretendemos achegar ós nenos e nenas a nosa cultura tradicional mesturando o baile e a música co xogo. Para isto e durante os días 17, 18 e 19 de xullo en horario de 5 a 8 da tarde, trataremos de ofrecer diferentes actividades que aporten novos coñecementos e permitan descubrirlles ós e ás nenas apartados da nosa cultura que non tivesen oportunidade de ter visto antes.

E un curso aberto a todo o mundo así que se coñecedes a alguén a quen lle poida resultar de interese e que se anime a vir ou repetir nesta IV edición non dúbidedes en pasarlle a información.

As inscricións podense realizar chamando ou enviando unha mensaxe de wathsapp os números de teléfono que figuran no cartaz, tamén podedes contactar con nos por medio de mensaxe privada nesta propia páxina de facebook.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal