>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 12 / 7 / 18 )





Venres 13 e sábado 14 de xullo
Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña", "Os Mecos de Ogrobe", "Os Picurruchos", "O Gaiteiro de Poio" e "Lubicáns", durante toda a xornada do sábado.

Donicelas e TNT serán os protagonistas dos dous concertos.

A homenaxe deste ano será a Marí­a Grande Sobral, mais coñecida como Maruxa d\'As Cortellas.
“Falar de Maruxa d”™As Cortellas é falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do paí­s. Foi, por así­ dicilo, a última mohicana. (...) Maruxa foi a única muller da súa xeración que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea. De non ser por ela, esta tradición non terí­a chegado ata nós. (...) Creo que é indiscutible que a música vocal de tradición oral de Galiza se escribe en feminino. As investigadoras, as divulgadoras, as artistas debemos comprometernos para xerar espazos dende os nosos ámbitos profesionais nos que visibilizar esta realidade. Para que a sociedade sexa consciente da importancia que teñen estas mulleres dentro da nosa historia precisamos crear iconas, figuras de referencia coas que pórlle nome propio á tradición. Maruxa ten que ser un destes nomes.”
Feixoo, Xulia
“Maruxa das Cortellas, Tocadora do pandeiro”
Colección A Chave Mestra. ACentral Folque 2017.
Páx. 13, 15, 16.

E por suposto, contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 grandes artesáns, e na que poderemos ver un amplo abano dos nosos instrumentos máis representativos, dende gaitas, bombos, pandeiras, zanfonas, requintas e outros moitos.

PROGRAMA
Venres 13 de xullo (Praza da Ferrarí­a)
De 17.00h. a 21.30h. - XVI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Gaiteiros da Rias Baixas, Polavila, Os Revoltas, Os Asubios e Os Boucisca
21.00h. - Concerto: Donicelas

Sábado 14 de xullo (Praza da Ferrarí­a)
De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. - XVI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Pasarrúas:
Maña de 11.30h. a 13.30h.: A. C. Picuiña, Os Mecos de Ogrobe, Os Picurruchos, O gaiteiro de Poio e Lubicáns
Tarde de 18.00h. a 20.30h.: A. C. Picuiña, Os Mecos de Ogrobe, Os Picurruchos, O gaiteiro de Poio e Lubicáns
Escenario:
21.00h. - Homenaxe a Marí­a Grande Sobral “Maruxa das Cortellas”.
21.15h. - Concerto: TNT

ARTESíNS DA MOSTRA:
Afonso Castro. Gaitas. (O Rosal)
Alberto Pires. Gaitas. (Pontesampaio)
Che Vázquez. Birimbaos, trompas, frautas e instrumentos tradicionais. (Brión)
Diego Langarika. Instrumentos de percusión e corda. (Mondariz)
Foliqueiras. Percusión tradicional. (Vigo)
Lorena Reinaldo. Arpas célticas. (Soutomaior)
Master Gaita. Gaitas electrónicas. (Sada)
O Chilro. Percusión e Gaitas. (Cambados)
Oli Xiráldez. Gaitas e Requintas. (Balcaide - Teo)
Queima. Vento e Percusión. (Redondela)
Tunhas. Percusión tradicional. (Ames)
Xaneco. Percusión e Zanfonas. (Outeiro de Rei)



Praza Da Ferreria
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal